Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela en Curto abre o prazo de presentación de traballos que poderán ser premiados con até 1.500 euros

RR_Noticias

En menos dunha semana a organización xa recibiu 200 curtametraxes para participar na décimo segunda edición do certame que se celebrará entre o 21 e 24 de abril de 2016. Os traballos participantes poderán optar a dous premios de 1.500 e 1.000 euros aos mellores filmes escollidos polo xurado e polo público, respectivamente. Ademais dun premio de 500 euros para aquelas curtametraxes que participen na sección Andaina. O prazo de presentación estará aberto até o 15 de febreiro.

Dende a organización do Festival destacan como principal novidade desta edición o incremento dos premios que se outorgarán aos filmes gañadores, que sumará 3.000 euros entre os premios á mellor curtametraxe escollida polo público e polo xurado e ás participantes na sección Andaina. Poderán participar todos aqueles realizadores maiores de idade que posúan a nacionalidade española e cuxas producións audiovisuais non superen os 30 minutos de duración.
Ao igual que en anteriores edicións, no certame tan só serán aceptados os xéneros de ficción, de forma que todas aquelas obras de carácter institucional, turístico, documental ou publicitario quedarán excluídas. Admitirase como máximo unha obra por autor que, nesta edición, deberá ter sido xerada despois do 1 de xaneiro de 2014. As curtametraxes terán que ser entregadas en versión orixinal e as que non foran rodadas en galego ou castelán deberán levar subtítulos nun destes idiomas.
Os interesados en participar dispoñen de prazo até o vindeiro 15 de febreiro para enviar as súas películas, que deberán ser remitidas exclusivamente a través das plataformas dixitais movibeta.com, festhome.com, uptofest.com e clickforfestivals.com. Os interesados poden consultar as bases na páxina web oficial do festival: www.redondelaencurto.com.
XII Redonela en Curto
O Redondela en Curto 2016 celebrarase os días 21,22,23 e 24 de abril e estará composto pola sección oficial, na que participarán 16 filmes seleccionados pola comisión de avaliación, e pola sección Andaina, unha mostra de traballos relacionados coas necesidades especiais das persoas. Ademais da sección ‘Curtísimas’, na que se proxectará unha selección dos mellores filmes recibidos cunha duración inferior aos tres minutos; a sección ‘Friki’, na que terán cabida as películas máis orixinais presentadas a concurso, e a sección ‘Galegos’, unha panorámica das curtametraxes galegas máis actuais.
Este ano suprímense as proxeccións nos bares e todas as actividades celebraranse no Multiusos da Xunqueira, onde se habilitará unha zona específica para a proxección dos filmes destas tres últimas seccións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará