Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela esixe máis paradas na Estación dos Eidos

RR_Noticias

Actualmente tan só tres trens en cada sentido fan parada na nova estación de Redondela que carece ademais de persoal que atenda as posibles demandas dos usuarios. A denuncia chegaba unha vez máis ao pleno da man, neste caso, do partido socialista. A súa proposta, que pasa por esixir a Fomento que se incremente o número de frecuencias que fan parada na nova estación e que se dote de servizos esta infraestrutura, foi aprobada cos votos a favor de toda a corporación. Unha estación que tanto AER como BNG cualificaron de “estación pantasma”.

Todos os partidos, incluído o PP, apoiaron a moción socialista de solicitar cambios na estación encamiñados a dotala de maiores servizos e persoal. Tamén reclaman da Xunta que poña en marcha e potencie o servizo de proximidade. Os socialistas apuntaron neste sentido que se trata “dunha gran estación que pode e debe ser un xeito de dinamizar o noso concello, un punto de referencia que debería potenciarse para que os veciños de toda a comarca (uns 100.000 usuarios potenciais en palabras do socialista Leonardo Cabaleiro) se despracen ao noso concello para facer uso do tren. No mesmo sentido se manifestaba o nacionalista Xoan Carlos González quen lembraba “o importante foco de atracción que debería ser esta estación sobre todo coa posta en marcha da futura área metropolitana”. Dende AER lembraban o deterioro que pode sufrir esta “estación pantasma que custou máis de 7 millóns de euros” se non se lle da un maior uso. Os populares, que apoiaron a proposta, lembraron que xa están en conversas co Ministerio de Fomento de cara a que se incremente o número de frecuencias e se dote de persoal esta estación que a día de hoxe non conta con traballadores “o que obriga aos usuarios a retirar os seus billetes en máquinas expendedoras”.  

Leonardo Cabaleiro PSOE
Unha estación que podería dar servizo a unha poboación de 100.00 habitantes
José Bernardo Crespo AER
Unha estación pantasma
Xoan Carlos González BNG
Un foco de atracción coa posta en marcha da área metropolitana
Carmen Amoedo PP
Os populares xa trasladaron demandas semellantes a Fomento

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará