Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O libro “Un bo e xeneroso” divulga a vida do médico republicano Telmo Bernárdez

RR_Noticias

Enmarcado dentro das actividades que se lle dedican a Telmo Bernárdez co gallo do seu nomeamento como persoeiro do ano, ven de presentarse unha biografía sobre a súa persoa. O seu autor, Isaac Araujo salienta o traballo de documentación que se agocha detrás desta publicación editada polo Concello e a Deputación de Pontevedra e “escrita co corazón”.

Unha pescuda histórica que o levou a realizar un arduo traballo de documentación mergullándose en diferentes arquivos, percorrendo as hemerotecas de numerosos xornais, algúns deles xa desaparecidos, así como pórse en contacto coa propia familia, residente en México dende o seu exilio nos anos posteriores ao fusilamento de Bernárdez. O resultado é unha pequena biografía na que se recolle a documentación tal e como chegou ás mans de Araujo pero tamén se fai un percorrido pola historia de Don Telmo, Un relato tanto da súa vida profesional, de cuxo altruísmo da boa conta o feito de que fose alcumado como “o médico dos pobres” como do seu compromiso político, que o levaría a ser alcalde de Redondela no ano 1923. Unha biografía na que se destaca a súa labor profesional sen deixar de lado o seu papel como un dos líderes do agrarismo en Redondela. Tamén o seu compromiso republicano que marcaría o seu tráxico final. Logo do sublevamento militar foi detido polos golpistas e asasinado o 12 de novembro do 36 na zona da Caeira. O concelleiro de Cultura, Xabier Alonso, salientou na presentación do libro a necesidade de contar con este tipo de publicacións que recuperan a memoria de todos nós. Neste sentido apuntou que dende a súa concellería están a traballar de cara a impulsar a distinción que dende hai catro anos ven recoñecendo a diferentes persoeiros de Redondela “é necesario mellorar e impulsar esta iniciativa para que todo o mundo coñeza os valores que representan homenaxeados tan ilustres como Telmo Bernárdez” Apuntaba na súa intervención un parágrafo extraído do libro de Isaac Araujo no que explica que “as novas xeracións de redondeláns camiñan por rúas e prazas con nomes importantes … pero descoñecen a traxectorias deses homes e mulleres. Por iso é unha responsabilidade nosa dar a coñecer a estes loitadores e loitadoras”. A biografía está editada polo Concello e a Deputación cunha tirada de 150 exemplares, algún dos cales foron distribuídos no actos de presentación e o resto entregaranse nas bibliotecas e nos centros educativos co obxectivo de divulgar a figura de Bernárdez.  

Isaac Araujo autor do libro
Explica o motivo que o levou a afondar na historia de Bernárdez
Labor profesional e activismo político
Marcan a vida do persoeiro do ano 2015
Asasinato dun republicano
O 12 de novembro do 36
Xabier Alonso concelleiro de Cultura
Necesario mellorar e divulgar a inciativa dos persoeiros do ano
Persoeiros descoñecidos
Moitos descoñecen quen son os persoeiros que dan nomes as nosas rúas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará