Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Arealonga F.S despide o ano co obxectivo de manter os bos resultados na segunda volta

RR_Noticias

  O conxunto chapelán chegaba ás vacacións de Nadal cuarto do grupo e cun partido menos disputado no seu primeiro ano na Liga Galega Sur. Unha estrea que valoran moi positivamente e que agardan manter no que resta de liga. A próxima cita será fronte ao Bar Praza/ garcíaaraujo.com, situado na metade da categoría.

  Iván Vázquez, presidente e xogador do Arealonga F.S amósase satisfeito co traballo feito na primeira volta da competición e valora positivamente a estrea do conxunto na Liga Galega Sur. Un bo traballo, di, que se reflicte nos resultados. Son cuartos con 24 puntos e un partido menos disputado. Terán un regreso á competición intenso xa que na xornada 8-9 enfrontaranse ao Bar Praza/garcíaaraujo.com, noveno do grupo pero como recoñecía Vázquez un rival complicado que ten facilidade de gol e tentará levarse unha vitoria de Chapela. A segunda das citas será o día 16 de xaneiro que terán que medirse co Cereixa Gonzomar F.S., un dos grupos fortes da tempada, que rematou a primeira parte da competición como segundo, por baixo do Campito. Vázquez recoñece que este Nadal terán pouco descanso pero si tempo para recuperarse das lesións e chegar na mellor forma posible á primeira xornada. Despide o ano pedíndolle ao 2016 moitos goles e rematar tempada na mellor posición posible.  

Iván Vázquez presidente balance
Un balance positivo da primeira volta que os sitúa entre os primeiros da categoría
Propòsitos para o 2016
Agardan manter o bo xogo e os bos resultados
Próximo rival garciaaraujo.com
Malia estar na metade da táboa será un rival difícil

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará