Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O 90% das propostas veciñais incluiranse na Estratexia Redondela 2020

RR_Noticias

A creación de programas de emprego e fomento do tecido empresarial, a recuperación e promoción do patrimonio cultural e etnográfico, o turismo e facer unha cidade máis amable ás persoas, foron algunhas das 150 propostas máis votadas polos redondeláns dentro do proceso de participación cidadá promovido polo Concello de Redondela para definir a Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible. As conclusións presentaranse esta tarde ás 20.00 horas no Multiusos da Xunqueira

Javier Germade, coordinador de Estratexia 2020 lamenta a escasa participación dos veciños e recoñece que as expectativas ao inicio do proceso eran maiores. En total foron 150 as persoas que votaron aínda que foron preto de 7.000 as que visitaron a páxina web a través da cal todo aquel que o desexase podía facer a súa proposta para crear a Redondela do futuro ou votar as xa existente. Propostas que chegan a título persoal pero tamén de grupos políticos, asociacións de veciños ou asociacións culturais. Entre as propostas máis votadas atópanse: “promover unha aceleradora de empresas que impulse unha economía baseada na cultura e a creatividade”, “crear unha rede de espazos de coworking en locais que estean desocupados” e a “posta en marcha de programas de emprego baseados en proxectos culturais”. Germade salienta que máis do 90% incluiranse no informe que se presentará para optar aos Fondos Feder e só quedarán aparcadas temporalmente aquelas que sexan menos factibles pola falta de terreos, permisos ou financiamento. A mediados do pasado mes de novembro publicouse a convocatoria das axudas para a selección de Estratexias de Desenvolvemento Sustentable e Integrado cofinanciadas mediante o programa operativo FEDER de crecemento sustentable 2014-2020, que conta cunha partida destinada a Galicia de 83 millóns de euros. Redondela, como concello de menos de 50.000 habitantes, podería optar a preto de seis millóns de euros. O trece de xaneiro remate o prazo para a presentación dos proxectos, cuxa resolución coñeceremos a mediados do mes de xuño.

Javier Germade Redondela2020
As propostas máis votadas
Escasa participación
Lamenta que non fosen máis os veciños participantes xa que iso suporía un maior aval para a proposta final
O 90% das propostas incluiranse
Asegura que o 90% das 150 propostas feitas polos veciños serán integradas no proxecto final

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará