Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

28 artistas, 28 cadros, 28 estilos

RR_Noticias

A sala de exposicións da Casa da Torre acolle ata o vindeiro domingo 13 de decembro a exposición colectiva dos alumnos da Academia de Arte de Suso Ben. En total 28 artistas cada un dos cales achega un dos seus últimos traballos. Unha variedade de estilos, temáticas, formatos e incluso técnicas que día a día estes alumnos experimentan nas súas clases de pintura.

“Quizás non estean todos os que son, pero, sen dúbida, son todos os que están” así o explicaba o propio Suso Ben ao referirse a esta exposición que permanece no albergue de peregrinos dende o pasado 30 de outubro. Artistas versátiles que tocan practicamente todos os estilos, alumnos  que optan polo hiperrealismo, artistas aínda por descubrir así define o profesor a algúns dos pintores cuxos cadro poderemos ver ata o vindeiro domingo. Bodegóns, paisaxes, a figura ou o retrato, entre outras temáticas igual de interesantes forman parte desta variedade de gustos que os seus autores plasman no lenzo. Hai quen opta pro facer o que mellor se acae as súas capacidades técnicas e quen simplemente decide “pintar cousas que lle divirtan”. Así o explicaba Pastora Acosta, quen presenta para esta ocasión unha obra expresionista, unha muller co as rodeada de bolboretas “coa que quero expresa a liberdade”. Máis apegada ao cotián amósase Marga Vázquez quen presenta unha obra enraizada no realismo. Unha escolma de traballos que amosan o bo facer dos artistas que integran esta mostra e que non dubidan en loar ao seu mestre. O horario de visita da exposición é mesmo que o do propio albergue, de luns a domingo de 13:00 a 22:00 horas.  

Suso Ben pintor e mestre
Fálanos dalgunhas das propostas que podemos atopar na exposición
Pastora Acosta
Presenta unha obra expresionista
Graciela Rivera
Unha artista por descubrir
Marga Vázquez
Aposta polo realismo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará