Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A campaña de Nadal de Pazos de Borbén recolle 600 kilos de alimentos

RR_Noticias

Os produtos recollidos distribuiranse a través dos Servizos Sociais municipais a máis de 30 familias de todo o concello, principalmente familias con fillos menores ao seu cargo e persoas maiores que viven soas. A repartición de alimentos realizarase os próximos días 14 e 15 deste mes.

Ducias de quilos de azucre e litros de leite, lentellas, fabas, arroz, garavanzos, pastas, aceite e produtos para o almorzo dos nenos son algúns dos alimentos doados. A gran maioría proceden dos almacéns do CPI Curros Enríquez e da Asociación ASPAVI, que tradicionalmente colaboran co Concello nestas iniciativas.
Moitos destes artigos, a gran maioría non perecedoiros e de primeira necesidade, eran os máis solicitados durante a campaña debido á súa importancia na dieta dos máis pequenos. A repartición realizarase a próxima semana a través dos Servizos Sociais do Concello de Pazos de Borbén para asegurar que a comida chega ás familias con maiores necesidades. Ademais, teranse en conta varios criterios como a conservación, as necesidades nutricionais dos beneficiarios ou a súa facilidade de preparación e manexo.
A concelleira de Políticas Sociais e Igualdade, Lorena Domínguez, agradeceu a solidariedade de todos os que participaron nesta iniciativa “garantindo a alimentación de moitos nenos nunha época na que hai moita xente ás que lles urxe un emprego e que non ten para dar para comer aos seus fillos. Isto axudará a que este Nadal sexan un pouco máis levadías para moitas familias do noso pobo”.
Esta campaña púxose en marcha no marco do Plan de Intervención Social que está a desenvolver o Concello de Pazos de Borbén e que inclúe varias iniciativas, varias delas realizadas en colaboración con outras institucións, como a Cruz Vermella.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará