Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Juan Manuel Nogueira: “O Redondela F.S. vai saír do pozo, seguro”

RR_Noticias

O novo adestrador do equipo redondelán está convencido da calidade dos seus xogadores, aos que pide “que crean neles mesmos”. No partido disputado onte en Mondariz acadaron un empate a 3 goles. Por outra banda o derbi de Chapela saldouse con vitoria do Arealonga sobre Campito por 3-4 nun pavillón ateigado de público.

Liga Galega Sur
Mondariz 3-3 Redondela
Logo de tres xornadas á fronte do equipo, nas que sumou catro puntos, asegura que o conxunto ten capacidade para rematar a liga na metade alta da táboa. Unha vitoria ante o Bar Plaza GarciaAraujo, unha derrota en Verín e un empate, colleitado onte en Mondariz é o balance desta nova etapa con Nogueira como adestrador. Nogueira, unido ao club desde hai 18 anos, asume o reto de adestrar ao conxunto de Autonómica como substituto de Jorge Expósito. Aos xogadores coñéceos ben, xa que foi o seu técnico cando formaban parte das categorías base. Facerse cargo do equipo cando xa se levaban disputadas nove xornadas de liga “é un reto complicado”, pero Nogueira cre nos xogadores e nas súas capacidades. Advirte que será preciso traballar con eles “a parte física e tamén a mental”, para que gañen en confianza. Ten claro que o obxectivo é manter a categoría “sen pasar apuros” e está convencido de que rematarán a liga “na metade da táboa”. Esta fin de semana teñen xornada de descanso, que servirá para traballar e recuperar xogadores antes de volver á competición. Será o día 19, en Redondela, ante o Leis Marcón.
Campito 3-4 Arealonga
O derbi do fútbol sala en Chapela saldouse con vitoria do Arealonga nun encontro moi disputado. O Campito, que non fixo o seu mellor partido, perdeu o liderado e ocupa agora a segunda praza, por detrás do Cereixa. O Arealonga, pola súa banda, escala posicións e é terceiro, logo dun completo partido no pavillón de Chapela. Na próxima xornada o Campito xogará no pavillón Óscar Pereiro ante o Alonso&Serodio Mos, o sábado ás 18.00 horas. O Arealonga recibe en Chapela ao Celado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará