Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Balonmán Castro Chapela aspira a facerse co campionato da Primeira Nacional

RR_Noticias

Cun equipo máis novo, logo da incorporación de moitos xogadores da canteira, club ten marcada a meta da fase de ascenso. Polo de agora, despois de sete xornadas, están a cumprirse os obxectivos, e preparan o encontro do próximo sábado en Chapela diante do Carballal.

Malia comezar a liga con nove baixas con respecto ao equipo da pasada campaña, os de Fran Teixeira están a sacar rendemento ás fichaxes e incorporacións de xogadores da canteira. Suman seis vitorias en sete xornadas e ocupan a terceira praza do campionato, empatados co OAR, segundo, e a dous puntos do Xiria, actual líder. O adestrador, Fran Teixeira, lamenta a derrota no pavillón da Cañiza, un tropezo co que non contaban logo de facer “un mal partido”, tal como recoñece. Vitorias que se presumían difíciles, como as de Lalín ou o Rosal, compensan os resultados dunha liga que chega ao ecuador da primeira volta. O obxectivo para a presente temporada é “loitar polos primeiros postos”, acadar o campionato ou cando menos a segunda praza que permite disputar a fase de ascenso a División de Honra Prata. Teixeira lembra que desde hai unha década o club de Chapela “está no máis alto da Primeira Nacional”, mesmo co ascenso de categoría acadado hai dúas temporadas, polo que non debe renunciar a esa meta. O sábado reciben no Pavillón Municipal de Chapela ao Granitos Ibéricos, décimo clasificado da táboa e que non comezou a liga con bos resultados. Pero Teixeira advirte que non poden relaxarse, e que o equipo debe estar ao cen por cen para sumar un resultado positivo. Advirte que o equipo vigués chegará a Chapela “cunha motivación extra” por medirse ao Construcións Castro, e que calquera erro pode pasarlles factura. A cita será ás 18.30 horas  

Fran Teixeira adestrador
O equipo aspira a loitar polas primeiras posicións da liga.
Tropezo na Cañiza
Teixeira lamenta a derrota na Cañiza onde recoñece que fixeron un mal partido.
Castro Chapela – Granitos Ibéricos
O Chapela debe estar ao cen por cen para evitar erros diante do Carballal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará