Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Homenaxe a Alicia no País das Marabillas nas Bibliotecas de Redondela no seu 150 aniversario

RR_Noticias

Cando se cumpren 150 anos da publicación de Alicia  no País das Marabillas e  o centenario das mortes do escritor Luís Coloma, autor do conto do Rato Pérez e  de Saturnino Calleja, editor dos coñecidos como Contos de Calleja, as bibliotecas municipais de Redondela,  dedican unha mostra bibliográfica aos mesmos, baixo o slogan “Temos moito conto”. Esta pequena mostra bibliográfica permanecerá na sala de adultos da Biblioteca Municipal do 4 ao 30 de novembro (Alicia no País das Marabillas) e do 2 ao 30 de decembro (Rato Pérez e contos de Calleja). A continuación ambas as dúas mostras trasladaranse á Axencia Municipal de Lectura de Chapela.

“Temos moito conto” reune varias publicacións que reflicten por unha banda a evolución nas edicións da  obra de Lewis Carroll,  comezando pola do ano 1957 editada pola editorial Juventud con ilustracións da barcelonesa Lola Anglada e  algunhas das publicacións facsímiles editadas por José J. de Olañeta da editorial Olañeta dos contos de Calleja e varios libros e merchandising sobre o entrañable personaxe do Rato Pérez, algúns deles doados por a Casa Museo del  Ratón Pérez en Madrid. Esta homenaxe completarase, no mes de decembro, coa emisión radiofónica, a través de Radio Redondela, de tres das historias dos famosos contos de Calleja.  

Mª Elena Becerra BIblioteca Redondela
Temos moito conto
150 anos de Alicia
Un conto que marcou un fito na literatura infantil
O Rato Pérez e os Contos de Calleja
Homenaxear a dous grandes da literatura infantil

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará