Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños apostan polas iniciativas de carácter social para a Redondela do futuro

RR_Noticias

Redondela 2020 é unha iniciativa que busca a participación veciñal de cara a definir en que queremos que se converta o noso concello. Unha vez definido o proxecto tentarase captar fondos da comunidade europea para o seu desenvolvemento. En xogo, 5 millóns de euros. En principio está previsto que o prazo de participación para facer as nosas propostas se prolongue ata finais de ano. Ata o de agora as máis numerosas teñen que ver con carencias detectadas dende un punto de vista social, promoción de emprego, dotación de infraestruturas e, sobre todo, propostas encamiñadas a mellorar a mobilidade.

Redondela 2020 xorde como un instrumento “que sirva para actuar sobre novos obxectivos, coa vontade de resolver os problemas existentes e impedir que xurdan outros novos, ofrecendo propostas alternativas para conseguir un municipio mellor”.  Por ese motivo, o coordinador do proxecto Javier Germade anima aos veciños a participar “todo redondelán están convidado a facer as súas achegar para deseñar a Redondela que desexe”. Durante mes e medio os que así o desexen poden entrar na páxina http://redondela2020.es/ e deixar alí as súas propostas ou votar por algunha das 145 xa existentes. O obxectivo é coñecer as demandas e necesidades da cidadanía e, en base ás mesmas, elaborar unha estratexia de cara a deseñar o modelo de cidade que queremos. Crear unha bolsa municipal de vivenda, promover un viveiro de empresas que impulse unha economía baseada na cultura e na creatividade ou crear unha rede de espazos de coworking en locais que estean desocupados son tan só algunhas das presentadas. Malia seren estas as máis votadas hai outras moitas que teñen a ver con carencias detectadas dende un punto de vista social, promoción de emprego, dotación de infraestruturas e, sobre todo, propostas encamiñadas a mellorar a mobilidade. Neste sentido hai quen avoga por ampliar o paseo de Cesantes ata a zona de Os Asteleiros, conectar mediante unha senda verde o casco urbano de Redondela coa praia de Cesantes ou acondicionar novas sendas verdes nos ríos Pexegueiro, Alvedosa e Maceiras. Tamén hai quen defende mellorar a conectividade entre as parroquias a través dun servizo municipal de microbús, buscar un novo emprazamento á depuradora da marisma ou crear unha senda peonil que conecte Redondela con Chapela.  

Javier Germade Redondela2020
Os proxectos máis votados polo de agora son de carácter social
Proxectos sociais e de mobilidade
Son algunhas das propostas presentadas
Anima aos veciños a participar
Único xeito de que as nosas demandas se vexan recollidas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará