Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Conmoción en Redondela pola morte dun mozo que perdeu a vida nun accidente de moto

RR_Noticias

Miguel Fernández Soto de tan só 22 anos de idade e veciño de O Viso falecía na tarde do sábado logo de car do seu vehículo, unha moto Honda, na N-552 á altura da Formiga en Cedeira. É o segundo motorista de Redondela que perde a vida en tan só un mes. Hoxe luns celebrarase un funeral ás 17:30 horas na Igrexa parroquial de Santa María do Viso.

Conmoción en Redondela logo de coñecerse o falecemento de Miguel Fernández Soto en accidente de moto. Un mozo de tan só 22 anos de idade e moi coñecido na localidade onde traballaba como camareiro no pub Guay e na discoteca la Movida.
A espera de que se esclareza o acontecido todo apunta a que o mozo estaría facendo un adiantamento cando por causas que se descoñecen o vehículo, unha moto Honda, precipitouse ao chan, impactando traxicamente o condutor contra unha pedra da beiravía. Na xornada de onte tivo lugar a incineración do cadáver e hoxe luns ás 17:30 horas celebrarase un funeral na Igrexa parroquial de o Viso.
Un tráxico accidente que se produce tan só un mes despois de que outro mozo, nesa ocasión veciño de Reboreda e de 23 anos falecera tamén noutro accidente de moto.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará