Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Campito FS confírmase como líder da categoría logo de vencer ao García Araújo

RR_Noticias

Os de Chapela non deron opción ao rival e impuxéronse comodamente nun encontro que rematou cun 12-7 no marcador. Pola súa banda o Arealonga facíase cos puntos en xogo na súa visita ao campo do Verín Futsal, partido no que cedeu a vitoria cun apertado 4-5. Empate para o Redondela ante o Abetos, un resultado que non lles serve aos de Jorge Expósito para afastarse dos postos baixos da categoría.

Un partido disputado no pavillón municipal de Gondomar e que comezou ben para os de Redondela que lograron un marcador a favor de 0-2. Unha vantaxe que no souberon rentabilizar os choqueiros que, malia ir por diante todo o partido cederon os puntos nos dous últimos minutos de xogo, tempo no que os locais lograron o definitivo 3-3 no marcador. Un resultado que non permite ao Redondela FS afastarse dos postos baixos das categoría. Son decimo terceiros e na vindeira xornada teñen unha cita difícil, xogarán na bomboneira e recibirán ao segundo clasificado, O Cereixa.
Moito mellor lle van as cousas aos outros dous equipos que militan na Autonómica Sur. Por unha banda o Arealonga gañaba na súa visita a Ourense nun partido ante o Verín Futsal que rematou co resultado de 4-5. Mantéñense no terceiro posto da táboa e reciben na vindeira semana ao pechacancelas, o Leis Marcón.
Con todo, os parabéns indiscutibles son para os xogadores do Campito, líder do grupo logo de lograr unha avultada vitoria ante o Bar Praza García-Araujo. Encontro disputado en Chapela que remataba co resultado de 12-7. O Campito defenderá o liderado na próxima semana no campo do Marín, equipo situado nos postos baixos da táboa.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará