Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O enfrontamento entre clans xitanos na feira sáldase sen feridos e cos zamoranos escoltados

RR_Noticias

A intervención da Policía Nacional foi clave para evitar que as ameazas que o clan de Los Morones proferiron contras os ambulantes zamoranos non dera paso a unha liorta. Así o asegura o concelleiro de interior, Arturo González, quen recoñece que na mañá de hoxe vivironse horas “bastante tensas” ata que os zamoranos decidiron recoller a súa mercancía e marchar escoltados polos axentes que os acompañaron ata O Porriño “por precaución” ante a posibilidade de que foran atacados.

Unhas primeiras horas “tensas” as vividas na mañá de hoxe na feira de Redondela logo de que unhas 40 persoas do clan de Los Morones que lidera Sinaí Jiménez se presentaran no mercadiño e comezaran a proferir ameazas co obxecto de amedrentar aos ambulantes do clan zamorano, cos que manteñen un conflito que hai 15 días deixaba incluso un tiroteo nas rúas de Vigo. A intensa presenza policial e a identificacións dos autores das ameazas logrou impedir que os enfrontamentos verbais chegaran a máis. Finalmente e mentres os efectivos da Unidade de Intervención Rápida de Policía Nacional (UIP) cercaban aos membros do clan de Los Morones, os zamoranos recolleron a súa mercancía deixando un total de 22 postos baleiros (un 10% do total). Os ambulantes regresaban ao Porriño, lugar no que residen, escoltados pola policía. O goberno local síntese coas mans atadas para adoptar outras medidas que eviten que esta situación se repita no futuro “o único que podemos facer e incrementar a presenza policial para garantir a seguridade de feirantes e clientes”. Lamentaba o edil de Interior que “esta situación estea a asfixiar economicamente aos ambulantes” e confía en que os clans xitanos resolvan o conflito.  

Arturo González concelleiro de Interior
Explica o acontecido na mañá de hoxe
Feiras futuras
O único que poden facer e garantir a presenza policial

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará