Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As marchas da dignidade poñen a disposición dos veciños autobuses para acudir a Santiago

RR_Noticias

Os autobuses para ir a Santiago o día 24 sairán as 9:45 horas dende a praza da Farola con parada no centro de saúde de Chapela ás dez da mañá e hora prevista de regreso sobre as 14:30. As persoas interesadas en acudir poden inscribirse no teléfono 645 819 245. O prezo é de 6 euros. Unhas reservas que tamén se poden facer na Discotasca, na Tenda de concha no Viso e no restaurante Bar Nando en Chapela.

Entre os actos previos á cita do sábado, a marcha organiza este mércores 21 de outubro unha cita musical que se celebrará ás 19:00 horas na Alameda de Chapela. Unha intervención que forma parte das actividade previas de cara á gran concentración do sábado na praza do Obradoiro a onde chegarán columnas dende as catro provincias da comunidade para levar as súas reivindicacións resumidas no lema das marchas “Pan, traballo e teito”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará