Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Afectados pola AP-9 intensificarán as súas protestas ante a pasividade de Fomento e Audasa

RR_Noticias

Aseguran estar “fartos” do trato recibido tanto pola concesionaria e responsable da obra, Audasa, como por parte dos responsables de Fomento. Logo de meses esperando que se trasladara ao seu avogado a documentación necesaria para resolver os expedientes de expropiación dos afectados agora lles comunican que terán que trasladarse a Madrid para obter esa documentación. César Dominguez, membro da Asociación de Afectados cualifica de “tomadura de pelo” o trato que están a recibir e anuncia que non dubidarán en intensificar as mobilizacións impedindo o paso de camións ás obras se continúan sen atender as súas demandas.

Na mañá de hoxe medio cento de veciños volvía paralizar o acceso de material á zona de traballo no lugar da fonte de A Fraga. Con estas protestas que repiten día tras día queren visibilizar as súas demandas que pasan porque se resolvan de xeito urxente os expedientes de expropiación e se atenda aos veciños que xa están a denunciar fendas nas súas vivendas polo paso constante de vehículos de gran tonelaxe. Unhas protestas que non dubidarán en intensificar se Fomento e Audasa continúan na súa teima de non atender as súas demandas “non están a cumprir con ningún dos compromisos acadados, os ánimos están cada vez máis caldeados e o seguinte paso será acampar día e noite para impedir a entrada de camións”. Especialmente belixerantes amósanse co director xeral de carreteras Jorge Urrechu quen en varias ocasións se reuniu cos afectados “facéndonos promesas que logo de seis meses segue sen cumprir” en referencia á expropiación das once casa afectadas así como aos prexuizos que o inicio das obras está a ter xa na parroquia polo paso constante de vehículos pesados.  

César Domínguez afectados AP-9
Unha documentación que non dan recibido
Intensificar as protestas
Hoxe volveron concentrarse na fonte de A Fraga
Compromisos incumpridos
As expropiacións as afeccións a reposición de camiños…

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará