Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A poesía invade San Simón

RR_Noticias

A illa de San Simón alberga ata o vindeiro sábado 24 de outubro a poesía de 7 creadores procedentes doutros tantos países dentro do IV Obradoiro Internacional de Tradución Poética con Barqueira e remador que coordina a poeta Yolanda Castaño. Unha cita que reunirá  á  iraniana afincada en EE UU Sholeh Wolpé,  á  israelí Tal Nitzán ou  o xaponés Yotsumoto… Unha actividade que se completará  con recitais poéticos multilingües, un dos cales terá  lugar o venres 23 no Multiusos de Redondela ás 21:00 horas.

A iraniana afincada en California Sholeh Wolpé, a israelí Tal Nitzán, o xaponés Yasuhiro Yotsumoto, o macedonio Nikola Madzirov, o catalán Josep M. Rodríguez e a galega EstíbalizEspinosa e o ucraíno Ostap Slyvynsky serán os protagonistas do Obradoiro Internacional de Tradución Poética, unha cita que chega á súa cuarta edición e que de novo terá a San Simón, berce simbólico da poesía galega, como epicentro.
O sete autores son relevantes tradutores e á vez algunhas das plumas máis recoñecidas das súas respectivas literaturas, como lembran os responsables deste ciclo que se celebra dende o luns día 19 ao 24 deste mes na illa de San Simón, aínda que incluirá outras actividades pensadas para achegar esta literatura a todos os públicos.
Celebraranse recitais poéticos multilingües na Casa dá Luz, na pontevedresa praza da Verdura, o próximo día 21; no Charenton Club Cultura de Vigo o día 22 e, ao día seguinte, no Multiusos da Xunqueira en Redondela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará