Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Chapela vence nun gran partido ante o Magope Seis do Nadal

RR_Noticias

O Construcciones Castro logrou a vitoria no partido disputado en Chapela e que rematou co resultado de 31-26. Empate para a Sar ante o Lavadores (21-21). Na División de Honra Prata feminina a Sar logrou a vitoria ante o Zonzamas de Lanzarote mentres o Rodosa Chapela caía na súa visita ao campo do Seis do Nadal.

Desiguais resultados nunha nova fin de semana con moitas citas para os afeccionados ao balonmán. Comezamos na categoría masculina falando dos dous equipos que militan en primeira nacional. Así o Construcciones Castro logrou a vitoria nun gran partido disputado no pavillón de Chapela ante o Magope, conxunto que sufriu ante a defensa do conxunto local. O partido rematou cun marcador de 31-26, vitoria que mantén ao Chapela nos postos altos da categoría, son cuartos e xogan na vindeira semana en Lalín. Pola súa banda a Sar Plastic Omnium está  a pasar por dificultades logo do reparto de puntos onte en Redondela ante o 5 Jotas Lavadores (21-21). Son penúltimos e desprázanse na fin de semana a Cañiza.
Na segunda división do balonmán feminino, os equipos locais están a pasar tamén pro malos momentos. O Rodosa Chapela caía ante o Seis do Nadal nun partido que foi igualado nos primeiros vinte minutos pero no que as viguesas impuxéronse (23-21) logo de varios fallos en ataque das de Redondela. As chapeleiras seguen sen sumar ningún punto logo desta derrota e pechan a categoría. A súa próxima cia será en Palencia. Pola súa banda as féminas da Sar lograron puntuar ante o Zonzamas, un partido que rematou co marcador de 29-26. Son novenas e na vindeira fin de semana visitan o campo do Camargo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará