Hoxe é Venres 8 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Meu ben” de Eme2 chega ao Multiusos

RR_Noticias

A nova produción de Eme2 chega a Redondela dentro da programación do Outonoteatro que organiza a Concellería de Cultura. Tres actrices no escenario dan vida a un texto da dramaturga irlandesa Elaine Murphy.  Un espectáculo que iniciou a súa andaina no 2014 e que retrata a vida de tres mulleres dunha mesma familia, tres mulleres de clase media que viven un ano completamente extaordinario impregnado de amor, sexo, vida, morte e clases de salsa. Unha actuación que terá lugar o sábado ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira.

Amber vive sen preocupacións, acabada de saír do instituto, está no mellor da vida, mocea cun tal Paul e anda de festa rachada…. ata que sofre unha molesta “indixestión”. A súa nai Lorraine ataca un cliente no traballo polo que ten que visitar un “médico da cabeza”que lle receita facer algo bo para ela mesma unha vez por semana: é hora de se apuntar a clases de salsa! A avoa Kay, pola súa banda, tenta sentirse viva nos frustrantes sesenta mentres coida do seu marido enfermo. Tres xeracións de mulleres de clase media contan a historia dun ano extraordinario. Sobre o escenario actrices Elina Luaces, Mercedes Castro y Rocío González. A obra é unha adaptación dun texto creado pola dramaturga Elaine Murphy e representado pro vez primeira en 2008. Temas contemporáneos moi próximos ao espectador.  

Mercedes Castro actriz
Fálanos do argumento da obra
Temas contemporáneos
Un texto da dramaturga Elaine Murphy

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará