Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Teatro e música cos Axóuxeres este domingo en Redondela

RR_Noticias

Dan man da compañía de teatro Elefante Elegante chegan os Axóuxeres a Redondela coa proposta O peixiño de María, unha aventura teatral, musical e lúdica orientada a nenos de 0 a 6 anos. O domingo 25 ás 12:00h. no Multiusos, a entrada é  de balde pero cómpre inscrición previa no 697 363 089.

A nova edición do programa de dinamización lingüística Os Axóuxeres, que ten como obxectivo promover o uso do galego e a súa transmisión interxeracional nas familias novas con bebés e nenos/as de 0 a 6 anos, e que impulsa a Consellería de Cultura e Educación entre os concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, chega á súa sétima fin de semana de xira por Galicia, con parada nesta ocasión en Redondela onde Os Axóuxeres fará n gozar a cativos e adultos ás 12:00 horas no Multiusos da Xunqueira.
Hoxe luns ábrese a reserva previa telefónica no 697 363 089, que permanecerá activa en horario de 10:00 a 13:00 horas ata o venres para a función de Redondela. Aínda que a entrada é  de balde ata completar a capacidade da sala, cómpre inscrición no teléfono e no horario anteriormente sinalados.
Os Axóuxeres  é  un programa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística que ofrece ás familias con cativos de 0 a 6 anos espazos de lecer en galego e tamén materiais para continuar xogando e cantando ao remate do espectáculo. Son o encontro da xente miúda da casa coas artes escénicas, co teatro, coa música en directo… cos primeiros xogos e coas primeiras cancións en galego… coa lingua de noso. Cada Encontro dos Axóuxeres de aproximadamente 40 minutos de duración, creouse para ofrecerlle á xente miúda un espazo onde gozar e abrirse ao descubrimento do mundo en galego.
Un espectáculo coidado e de calidade para asegurar que os nenos e nenas asocien o galego con experiencias agradables, cheas de tenrura e de diversión, e cunha estética dinámica e actual.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará