Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bas e Silva prometen “lealdade institucional” para traballar xuntos “polo ben dos redondeláns”

RR_Noticias

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitou esta mañá o Concello de Redondela para reunirse co alcalde, Javier Bas, e establecer “as liñas de traballo” entre os dous organismos. Silva explicou tamén que as obras da estrada do Galleiro que realiza a Deputación, remataranse “tal e como estaban proxectadas e con todas as garantías”.

Infraestruturas, seguridade viaria, instalacións deportivas, emprego e turismo serán os eidos nos que Concello e Deputación traballarán “de xeito coordinado”. O alcalde, Javier Bas, salientou “a boa sintonía” na xuntanza entre as dúas administracións, e o compromiso para traballar conxuntamente en diferentes proxectos “que aínda haberá que matizar”. Entre as actuacións das que falaron Base e Silva están as obras da estrada do Galleiro, en Vilar, onde os veciños reclaman o remate dos traballos, así como outras demandas na estrada provincial do Viso e no campo de fútbol da parroquia. Silva lanzou tamén unha mensaxe de tranquilidade para os veciños da estrada do Galleiro, aos que asegurou que as obras “rematarán con todas as garantías”, porque esa é a obriga da Deputación. Foi unha longa xuntanza, de hora e media de duración, que segundo a presidenta da Deputación serviu para sentar as bases da “cooperación e a colaboración” entre as dúas administracións cunha liña de contacto “permanente”. As infraestruturas, a seguridade viaria, as dotacións deportivas, o turismo e o emprego serán os eidos nos que Concello e Deputación traballarán de xeito coordinado e con “lealdade institucional” para mellorar a calidade de vida dos veciños de Redondela.  

Javier Bas alcalde
Bas salienta a boa sintonía das dúas administracións para traballar de xeito coordinado nas melloras que precisa Redondela.
Carmela Silva presidenta da Deputación.
Estradas deportes turismo e emprego serán algúns dos eidos nos que Deputación e Concello traballarán conxuntamente.
Obras no Viso
Bas lembra que están pendentes de rematar as obras na estrada do Galleiro ademais doutras demandas dos veciños do Viso.
Compromiso de Silva co Galleiro
A presidenta da Deputación asegurou que as obras da estrada do Galleiro rematarán con todas as garantías.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará