Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A agroecoloxía invade a Alameda

RR_Noticias

Redondela acolle este sábado o VI encontro da rede galega de sementes con actividades para grandes e pequenos a partir das 11:00 horas. Mesas redondas, obradoiros de extracción de sementes, postos para a venda de produtos ecolóxicos centrarán unha xornada que xirará en torno á conservación de sementes e na que os máis pequenos contarán co seu espazo específico, cun obradoiro de “nendo dango”  (boliñas de barro para a sementeira) e outro de espantallos.

Unha actividade promovida pola Rede Galega de Sementes que fomenta a conservación das sementes de orixe autóctono e biolóxico e loita os intereses das multinacionais por facerse ca propiedade das sementes. A Rede Galega tamén fomenta a agricultura ecolóxica, á artesanía, o consumo consciente e a participación veciñal comunal e solidaria. Nese marco móvense as actividades que se van desenvolver o sábado na Alameda (no caso de choiva a feira trasladarase a antiga feira do gando) e que arrancarán ás 11 coa apertura da mesa de troco. Ao mediodía celebrarase simultaneamente un obradoiro de inxertos e outro de nendo dango, orientado aos nenos no que aprenderán a facer boliñas de barro para sementar. Xa pola tarde celebrarase unha mesa redonda sobre experiencias colectivas agroecolóxicas que contará coa participación da Asociación “Catro ponlas”, o Sistema de participación de garantía “A Gavela”, o  Grupo de consumo “Des-pensa” do Val-Miñor e o  Mercado social galego. Unha xornada na que haberá diferentes postos que ofrecerán productos variados como froitas e verduras, mel ou plantas medicinais. Un obradoiro de espantallos para toda a familia ás seis da tarde e outro de extracción de sementes que arrancará media hora despois pechará a xornada de actividades.  

Jacobo Ojea Rede Galega de Sementes
Trocar e conservar as sementes é o obxectivo fundamental desta cita
Obradoiros para os nenos
Os rapaces aprenderán a facer un espantallo
Mesa redonda
Analizaranse diferentes experiencias de consumo responsable

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará