Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE denuncia risco para os alumnos do Instituto que collen o autobús escolar en Trasmañó

RR_Noticias

A edil socialistas Digna Rivas denuncia que tres estudantes de San Vicente de Trasmañó teñan que camiñar un quilómetro nunha zona sen casas e sen alumeado para coller o autobús escolar. Engade que os alumnos que hai un ano esperaban o bus nunha marquesiña agora teñen que facelo nunha estrada á intemperie.

O curso pasado, estes tres estudantes xunto con outros de San Vicente de Trasmañó esperaban o autobús na marquesiña do Camiño da Fenteira (Senda da Auga). Dita marquesiña está nunha zona de vivendas con luz que fai do lugar un sitio seguro para o tránsito do alumnado que vai aos centros educativos. Este ano, ao cambiar do colexio ao instituto estes estudantes teñen a súa parada a un quilómetro de onde o collían. Ademais de ter que percorrer un quilómetro, está zona que lle marca a Consellería aos alumnos que pasaron dos CEIP Igrexa e CEIP Angorén ao IES Chapela “está á intemperie nunha estrada sen luz e onde non hai un núcleo de vivendas preto o que fai que a zona sexa de risco para os menores debido a que no inverno esa zona está ás escuras e teñen que estar no centro ás 8:30 horas”.
Rivas declara que “non se pode tolerar que o estudantado estea en risco para acudir a recibir o seu dereito á educación debido aos recortes educativos que estamos a padecer polo Partido Popular”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará