Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O boli Bic toma vida na man de Marcos Puhinger

RR_Noticias

“Debuxos hiperrealistas” é o título da exposición que se pode visitar ata finais de mes no Multiusos da Xunqueira. Unha proposta diferente na que este redondelán afincado en Vigo achéganos debuxos feitos con bolígrafo Bic que semellan fotografías reais, unha técnica moi persoal que está a chamar a atención de todos os que pasan por esta sala.

Debuxar era para Marcos Míguez Puhinger unha afección que lle viña dende pequeno, sen embargo a súa vida laboral levouno por outros camiños ata acabar traballando en Citroën. Logo de doce anos na cadea automobilística tomou a decisión de apostar por outro tipo de vida. “O traballo en Citroën estaba pasándome factura tanto física como mentalmente, apoiado pola miña parella e familia decidín deixar a empresa e probar sorte co debuxo”. Un artista autodidacta que traballa con varias técnicas: plumilla, pastel, acuarela, lápices polícromos e, como non, o boli bic “fascíname a posibilidade de poder conseguir a través da técnica pictórica imaxes que son case unha fotografía”, unha fascinación que o leva a pintar imaxes hiperrealistas que lle están a dar grandes satisfaccións pola boa acollida que recibe tanto da crítica como do público. Recoñece que vivir da arte non é doado “aínda que non me queixo porque vou tendo encargos que me permiten facer o que máis me gusta que é pintar”. De feito non son as exposicións e a venta de cadros o que lle permite continuar coa súa aposta, senón as novas tecnolioxías, “grazas a Facebook o meu traballo chega a público que doutro xeito non me coñecería e o número de encargos vai aumentando”. Agasallos para vodas ou aniversarios son actualmente a súa maior fonte de ingresos. A exposición “debuxos hiperrealistas” pódese visitar ata o 30 de setembro no Multiusos da Xunqueira.  

Marcos Míguez Puhinger pintor
Preferencia polo debuxo hiperrealista
Mercado artístico
Difícil vivir da arte

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará