Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiros para os nenos nas bibliotecas municipais

RR_Noticias

A biblioteca de Chapela organiza un obradoiro baixo o nome “O Príncipe Predestinado” orientado a rapaces de 8 a 12 anos, para aprender sobre a cultura exipcia e sobre a linguaxe dos xeroglíficos. Impartido por Eugenia Muñoz desenvolverase o xoves 24 ás 18:30 h. Inscrición no 986 454226. Na semana seguinte os pequenos que conten entre 2 e 6 anos de idade poden participar doutra actividade que se desenvolverá na biblioteca de Redondela baixo o título “A ciencia é divertida”.

O obradoiro que este xoves se vai desenvolver na sala de lectura de Chapela no Multiusos do Piñeiral xira en torno ao antigo Exipto. Nesta actividade os participantes poderán aprender moitas cousas desta cultura a través dunha pescuda moi emocionante. As prazas son limitadas polo que é preciso inscrición na biblioteca de Chapela, durante o seu horario de apertura ou no teléfono 986-454-226, no mesmo horario. Xa na vindeira semana, o venres 2 de outubro a biblioteca de Redondela organiza outra  interesante actividade que mestura os contos coa ciencia baixo o nome “a Ciencia é divertida”, unha actividade apaixonante para transmitir aos máis cativos o interese por explicar cientificamente o que nos rodea. Este contacontos-obradoiro farase en dúas sesións, tendo en conta a idade dos participantes:     – A primeira, de 18:00 a 18:45 h, para cativos de 2 a 3 anos.     – A segunda, de 19:00 a 20:00 h, para cativos de 4 a 6 anos.     A actividade é gratuita, pero precisa inscrición previa na biblioteca (986 40 15 61) porque as prazas son limitadas.  

Mª José Villar biblioteca de Chapela
Un obradoiro sobre exipto
A ciencia é divertida
Unha actividade para nenos de 2 a 6 anos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará