Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Soutomaior denuncia que o proxecto do IES non cumpre coas necesidades do concello

RR_Noticias

Os nacionalistas de Soutomaior aseguran que “o proxecto para a construción dun instituto no concello que presentou o PP é unha fraude e un insulto aos veciños ao contar con tan só 12 unidades e no que dificilmente terían cabida FP e Bacharelato” explica o portavoz nacionalista Manu Lourenzo.

Explica Lourenzo que “no proxecto inicial da Xunta veñen recollidas 16 unidades, non entendemos como o PP puido pregarse e aceptar un proxecto que supón unha fraude que reduce en catro unidades a licitación inicial”.
O instituto terá capacidade para 360 alumnos “moi lonxe das necesidades reais dun concello como o de Soutomaior que conta con 8000 habitantes”. Neste sentido apuntan que outros municipios con menor poboación contan con centros máis grandes “o de Ponte Caldelas con 5600 habitantes ten 20 unidades, con bacharelato e FP”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará