Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bas lamenta que no actual mandato “non todos os grupos traballen en clave Redondela”

RR_Noticias

Os problemas que está a provocar a ampliación da AP-9 centraron boa parte deste inicio de mandato do que se cumpren xa cen días e no que o goberno popular que preside Javier Bas ten por diante o difícil e complexo proceso de sacar adiante un Plan Xeral “que estamos empeñados se faga coa participación real da cidadanía e o consenso con todos os grupos da oposición”. Un consenso neste e noutros asuntos que segundo asegura “non é total porque malia existir boa sintonía en xeral, hai algún grupo que se nega a deixar de lado o partidismo”.

Asegura Bas que é un reto ilusionante gobernar en minoría “porque nos obriga a facer esforzos tanto ao goberno como ao resto dos grupos para chegar a consensos e acordos e a traballar en clave Redondela deixando de lado os partidismos”. Con todo, lamenta que non haxa unanimidade dentro da corporación “existe un grupo -prefiro non dar siglas- que non está a remar nese sentido”. Un inicio de mandato complicado que lle obrigou a reorganizar o goberno ao contar cun concelleiro menos. Con todo, o peor deste cen días é “a situación da AP-9 que non se logra desatascar e que está a provocar moita incerteza e inseguridade entre os veciños”. Neste sentido explica que hai dous temas fundamentais e que precisan dunha solución urxente. Por unha banda o pago das expropiacións aos veciños que se van quedar sen as súas vivendas “pendente agora de que os avogados dos afectados e de Audasa se poñan de acordo para cuantificar as indemnizacións”. Un tema que se abordaba na primeira das xuntanzas da comisión de seguimento que se reunía onte e na que se falou tamén do traslado do colexio Igrexia “pendente da compra dos terreos da Ginaria, lugar no que se vai ubicar o novo centro educativo e cuxa adquisición está aínda á expensas de que o asine o Sareb”. Bas insiste en que en calquera caso “vaise velar pola seguridade dos nenos e non se permitirá que se realicen obras nas inmediacións do colexio ata o verán, cando os rapaces estean de vacacións”. Son moitas outras as frontes abertas que ten este goberno “no día a día mellorar os servizos sociais para reducir ao máximo ás incidencias que se poidan producir e poñer en marcha novos plans de emprego” e xa a medio e longo prazo “traballar na elaboración do PXOM”, un plan xeral de urbanización imprescindible para Redondela “e no que estamos empreñados en que exista unha participación real e activa da cidadanía”.  

Javier Bas alcalde
Un mandato en minoría que obrigas a corporación a chegar a acordos
Críticas as posturas partidistas
Asegura que non todos os grupos están a traballar en clave Redondela
Ampliación da autoestrada
Lamenta a incerteza que está a provocar
Expropiacións
Un dos temas que se abordou na comisión de seguimento celebrada onte
Colexio Igrexa
Pendente da adquisición dos terreos da Ginaria

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará