Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Moción do BNG para garantir a enerxía como servizo público e erradicar a pobreza enerxética

RR_Noticias

Na moción presentada ao pleno que se celebra hoxe ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira, o BNG recolle unha proposta do sindicato CIG a prol de que Galiza, como un dos principais produtores de enerxía eléctrica de Europa poida beneficiarse dunha tarifa eléctrica mías baixa. Solicita tamén o apoio do resto dos grupos a favor da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que demanda dos poderes públicos que asuman os custes enerxéticos daquelas familias que non poden afrontar as súas facturas.

Explica o nacionalista Xoan Carlos González que Galicia é un pais especializado na produción enerxética, tanto eléctrica como a través do carbón, da forza do vento e mesmo da biomasa. Un sector enerxético cun valor estratéxico polo que representa no seu produto interior bruto e por ser un factor relevante para a produción industrial. Con todo, e malia ter asumido por este motivo grandes custes sociais e medioambientais non ten recibidos beneficios “como contar cunha tarifa máis baixa para Galiza que garanta o noso desenvolvemento industrial”.
Saliéntase na moción a necesidade de loitar contra a pobreza enerxética de xeito que os poderes públicos asuman os custes que moitas familias non poden afrontar ao ter que destinar o 10% dos seus ingresos para satisfacer as súas necesidades enerxéticas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará