Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Xacobeo achega ao Multiusos o obradoiro infantil Protexendo o camiño

RR_Noticias

Da man do colectivo Polo correo do Vento, os pequenos coñecerán a dúas personaxes que teñen como misión protexer o Camiño de Santiago. Peregrina e Iago serán os protagonistas desta actividade que se desenvolverá o venres 18 s 18:00 horas. Cómpre facer a inscrición a través do correo cultura@redondela.es ou do teléfono 986 400 106.

Co obxecto de lles transmitir aos máis pequenos a necesidade de protexer o noso patrimonio cultural e concretamente o Camiño de Santiago fronte ameazas como a aparición de lixo, o feísmo ou a falta de civismo, o colectivo Polo Correo do Vento está a percorrer diferentes localidades de Galicia cun espectáculo no que se combinan os contos e os debuxos.
A actividade é de balde e desenvolverase o venres 18 de setembro, ás 18:00 h, no multiusos da Xunqueira. Está orientada para maiores de 3 anos e cómpre facer a inscrición previa a través do correo cultura@redondela.es ou do teléfono 986 400 106.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará