Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela aposta pola compostaxe individual e colectiva

RR_Noticias

A aposta pola compostaxe como fórmula ideal para o tratamento do lixo colle impulso como a máis axeitada na reducción de custes económicos e ambientais no tratamento dos residuos sólidos urbanos, un tratamento no que os veciños de Redondela gastamos un millón de euros. Eses son os datos que manexa o Concello cuxo obxectivo a medio prazo é reducir a cantidade de lixo que producimos cunha aposta decidida pola reciclaxe e a compostaxe.

Neste sentido, dende o goberno local o Concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Angel Alvarez Ballesteros, anuncia que o seu departamento sumarase a todas as liñas de axuda que a Deputación ven de poñer a servizo dos concellos “para contar con persoal de apoio e asesoramento así como adquirir material que facilite aos veciños sumarse ao modelo da compostaxe como tratamento alternativo do lixo”. Uns composteiros que teñen un custe de 60 euros os individuais e 6.000 euros os colectivos. Os primeiros, axeitados principalmente para as vivendas unifamiliares, xa se estiveron repartindo en anos anteriores co obxecto de que os veciños do rural regresen a prácticas tradicionais que consistían en aproveitar os residuos orgánicos xerados nos seus domicilios para producir compost doméstico. Restos de poda, follas, restos da cociña convértense nun recurso valioso como o compost para mellorar a calidade dos solos, moi apropiados para o seu uso na horta e no xardín. Para animar a que sexan máis os veciños que opten por esta reciclaxe a concellería realiza campañas de compostaxe que no futuro e a medio prazo queren completarse coa posta en marcha da compostaxe comunitaria, una iniciativa que permite que poidan participar da reciclaxe dos residuos orgánicos aquelas perosas que non poden optar polo doméstico ou non queren ter un composteiro individual. Neste caso sería necesario a colaboración veciñal xa que lles esixiría o esforzo de seleccionar mellor os residuos na vivenda e ademais trasladarse aos composteiros comunitarios. O prioritario é, ao entender do concelleiro, “facer unha campaña informativa que conciencie aos veciños dos beneficios medioambientais e económicos desta práctica”. A día de hoxe o noso concello destaca non polo elevado número de persoas que recicla pero si porque os xa concienciados e que fan a separación de residuos “estano facendo moi ben” en palabras de Alvarez Ballesteros.  

Miguel Alvarez Ballesteros edil Medio Ambiente
Reducir os residuos nun 50%
Informar e concienciar
Unha campaña previa é prioritaria para que a compostaxe sexa efectiva
Solicitar recursos
Asesoramento formación e adquisición de composteiros

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará