Hoxe é Venres 27 de Novembro de 2020

Arcade celebra o seu I Festival de Cultura Urbana

RR_Noticias

A Concellería de Xuventude de Soutomaior organiza este sábado día 19 o I Festival Cultura Urbana de Arcade con actividades musicais e unha exhibición de BMX. A xornada rematará cunha actuación musical ás 21:00 horas no Multiusos de Arcade a cargo do grupo Cloverclap.

Esta iniciativa xorde da demanda de varios grupos de mozos e mozas do Concello afeccionados á musica e á práctica deportiva de BMX interesados en promover novas actividades e aficcións entre a mocidade e atopar cabida na axenda local municipal para dar a coñecer este tipo de iniciativas tan de moda entre os máis novos.
As actividades previstas arrancarán ás catro da tarde cunha quedada de BMX na pista de Skate no Peirao de Arcade con exhibición e música que se prolongará ata as oito da tarde. As nove da noite actuará o grupo “Cloverclap” no Multiusos de Arcade.
O BMX é unha modalidade acrobática do ciclismo que esixe ao ciclista un control absoluto da súa bicicleta e que para moitos é considerado un deporte extremo.
A entrada a todos as actividades é de balde e dende a Concellería confía en que o festival sexa un éxtio de participación. Agradecen tamén o traballo realizado por estes mozos e mozas xa que son eles os promotores de iniciativas nas que a creatividade está tan presente e xoga un papel tan importante.
 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *