Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A sección da Escola de idiomas de Redondela completa o ciclo de inglés

RR_Noticias

Os alumnos da Escola Oficial de idiomas poderán completar os seus estudos de inglés en Redondela. A sección, que hai tres anos arrancaba nas instalacións do instituto Pedro Floriani con inglés de nivel básico e intermedio, completa este ano o ciclo coa implantación dos cursos de nivel avanzado. Dende a súa posta en marcha no concello o número de estudantes, principalmente persoas entre 30 e 50 anos de idade, tense incrementado notablemente. Os interesados aínda poden matricularse. Máis información sobre prazos e horarios na páxina www. eoidevigo.org ou na sede da Escola en horario de tarde.

Aprender inglés segue a ser a asignatura pendente de moitas persoas. Nalgúns casos por unha simple cuestión formativa, noutros pola necesidade de contar con este idioma para acceder ao mercado laboral. Con obxecto de facilitar esta aprendizaxe, dende este curso os veciños de Redondela poderán completar estes estudos na sección da Escola Oficial de idiomas que hai tres anos comezaba a funcionar nas instalacións da Instituto Pedro Floriani. Unha medida que evitará aos veciños ter que desprazarse á sede central en Vigo. A xefa de estudos en Redondela, Sandra Mosquera anima a todos os interesados a achegarse a este idioma e cursar estes estudos na EOI porque iso lles permitirá dominar o idioma, contar cunha certificación oficial e ademais cun custe económico: 127 euros anuais. Hai ademais dúas modalidades: clases de dúas horas e cuarto dous días á semana, ou asistir tres días hora e media.  

Sandra Mosquera Xefa estudos EOI Redondela
Compétase o ciclo de inglés coa impartición dos cursos de nivel de avanzado
Perfil do alumnado
persoas entre 30 e 50 anos
Cuestións prácticas
Prezos horarios e prazos de matrícula

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará