Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bo partido do Choco que consegue un empate sen goles ante o Verín en inferioridade

RR_Noticias

Reparto de puntos nun partido sen goles no que os de Marcos Montes aguantaron o marcador malia xogar toda a segunda parte cun home menos pola rigorosa expulsión de Silva. Na Segunda Autonómica o Choco B tamén asinou un empate co Chaín e o Chapela gañou en Pereiró.

Terceira División
Choco 0-0 Verín
O primeiro aviso daríao Mario tras un centro chute que Cortegoso atallou con bastante seguridade para o seu equipo. Diego tivo o seu traballo tamén nunha boa acción individual de Hugo Sanmartín, que resolveu o meta. Comís e Félix tamén levaron perigo por parte local, aínda que a zaga e o meta local estiveron atentos sobre todo a un remate do último desde a frontal da área. Beceiro e Soares puxeron as réplicas, pero chegariamos ao descanso con todo como empezou. Tras o paso polo túnel de vestiarios, Luisito e Beceiro puxeron en apertos a Cortegoso mediada a segunda parte, pero o porteiro solventou ben con senllas mans os disparos de ambos. Sergito debutou cunha boa ocasión que se foi por riba do traveseiro, e o Choco levou perigo nun gran centro que terminou peiteando Hugo e marchou rozando o poste da meta de Diego. Ao final encontro sen goles e repartición de puntos. O resultado deixa ao Choco na sexta praza do grupo, e o próximo domingo xogará no campo de As Pontes, situado na metade da táboa.
CD Choco: Cortegoso, Yago Vázquez, Saúl, Cristian, Carminati, Muíños, Comis, Fernando, Silva, Hugo e Félix. Tamén xogaron Berto, Puyi e Óscar Pérez.
Verín CF: Diego, Iago, Mario, Marcones, Roca, Neves, Cotarelo, Karim, Soares, Beceiro e Cristian Presas. Tambien xogaron Pablo García, Osorio e Sergito.
Árbitro: Alexandre López Vila, do colexio da Coruña.
Segunda Autonómica

Chaín 2-2 Choco B
O filial do Choco non foi quen de pasar do empate nun partido que tiña gañado e no que o Chaín acabou con nove xogadores. Primeira xornada na que os redondeláns suman un punto, que os deixa na sexta praza do grupo. Na próxima xornada reciben ao Nieto, na metade baixa da táboa logo de quedar aprazado o seu encontro co Miño.
Pereiró 0-3 Chapela
O Chapela estreou liga con goleada en Pereiró, e xa lidera a táboa empatado a puntos co Racing de Castrelos, Gondomar, San Miguel e Lavadores. Precisamente o Castrelos será o seu próximo rival en Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará