Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pago das expropiacións aos afectados pola AP-9 chega ao Parlamento

RR_Noticias

A deputada nacionalista, Olaia Fernández Davila solicita ao Ministerio de Fomento que se lle traslade “por escrito” información sobre  a situación na que se atopa o pago das expropiacións a aqueles veciños que van perder as súas propiedades a consecuencias da ampliación da AP-9 ao seu paso por Chapela. Demanda tamén información sobre cando se fará efectivo o traslado do colexio Igrexa “xa que non existen indicios de que o centro educativo vaia ser trasladado antes de que se executen as obras, co que iso implica de riscos e perigosidade para os alumnos”. Finalmente critica que non se estean repoñendo os servizos afectados polas obras e pregunta a Fomento se non sería necesario realizar as obras de reposición na contorna da Igrexa antes de seguir coas obras de ampliación.

Os compromisos acadados na reunión que a inicios de mes mantiveron representantes de Fomento e de Audasa cos veciños afectados pola ampliación da AP-9 non convencen ao BNG, quen a través da súa deputada pregunta aos responsables do Ministerio por cuestións concretas sobre os pasos que se van dar de cara a resolver as demandas “de carácter urxente” dos veciños.
 A principal de ditas demandas fai relación ao pago das propiedades expropiadas xa que segundo explican “resulta inconcebible por parte de administración que se lles negue aos afectados información sobre as propostas indemnizatorias malia seren reiteradamente solicitadas por parte da representación legal do colectivo”. Unha falta de información que cualifica de “intolerable xa que deixan aos afectados en situación de total indefensión e desamparo á hora de poder defender os seus intereses”.
Tamén se interesa o Bloque sobre a situación da reposición dos servizos afectados xa que as obras de ampliación están provocando problemas de comunicación nas zonas adxacentes a Igrexa”.
Finalmente preguntas a Fomentos si se van continuar coas obras de ampliación sen trasladar previamente o colexio Igrexa “xa que malia terse acordado o seu traslado co concello, a realidade é que o colexio continúa no mesmo lugar sen que existan indicios de que vaia ser trasladado antes de que se executen as obras co que isto implica de riscos e perigosidade para o alumnado”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará