Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A chuvia ameza o Entroido de Verán, que traslada as actividades infantís ao Multiusos da Xunqueira

RR_Noticias

A previsión meteorolóxica para mañá sábado anuncia precipitacións, polo que os obradoiros e o espectáculo infantil trasladaranse da Praza da Casa da Torre ao Multiusos da Xunqueira. O resto de actividades, para público xuvenil e adulto, mantéñense sen cambios no Campo da Feira cos concertos de David Civera e La Ricura, e a Gala Drag Queen.

Mañá sábado Redondela celebra a 18º edición do Entroido de verán, que se as previsión meteorolóxicas son correctas, estará pasado por auga. Concello e Asociación de Empresarios, organizadores do evento, manteñen o cartel de actividades para o público xuvenil e adulto. Desde as 17.00 o grupo de percusión Trópico de Grelos abrirá a festa polas rúas da vila. Os picadiscos comezarán o seu espectáculo ás 18.30 horas no recinto feiral con DJ Beat, Rodri Vegas e Chimo Cabreira. Haberá tamén espectáculos de baile con Danza Porté. Ás 20.00 actuarán o grupo cubano afincado en Galicia “La Ricura” e ás 22.00 comezará a V Gala Drag Queen, presentada un ano máis por Cristian de Samil. Rematada a gala comezará o concerto de David Civera, ás 00.30 horas. Os asistentes bailarán ao ritmo de éxitos como “Que la detengan”, “Dile que la quiero”, “Me ha robado el corazón” ou “Mentirosa” ata as 02.00 horas. Logo serán os Dj´s os encargados de seguir coa música para animar aos asistentes. Actividades infantís no Multiusos da Xunqueira As actividades para o público infantil, previstas na Praza da Casa da Torre e Praza de Ribadavia, trasladaranse ao Multiusos da Xunqueira. A partires das 17.00 horas os máis pequenos poderán gozar de obradoiros de máscaras, maquillaxe e globoflexia. Desde esa hora poderán recollerse tamén as entradas para o espectáculo “A Bailar”, dúas horas de música, baile e maxia. Miguel Strada, da compañía Animar-t, anima a participar ao público de todas as idades, xa que se trata dun espectáculo “divertido e cheo de sorpresas”. Os inchables, que estaba previsto instalar na pista da Xunqueira, suspéndense por mor da chuvia. Ás 19.30 comezará o espectáculo infantil “A bailar” de Animar-t.  

Miguel Strada Animar-t
O escpectáculo "A Bailar" mistura a música o baile e a maxia coas sorpresas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará