Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música de grandes bandas sonoras do cinema coa Banda Artística de Arcade

RR_Noticias

ESte domingo, ás 21.00 horas, o auditorio da Xunqueira, acollerá un concerto da Banda Artística de Arcade organizado pola Concellaría de Cultura e coa colaboración da Deputación de Pontevedra, titulado “Música de Cine”. Farán un percorrido por música de películas como “Bailando con lobos”, “Indiana Jones”, “Piratas do Caribe III” ou “O Señor dos aneis”.

O repertorio de Música de Cine que interpretarán o vindeiro domingo na Xunqueira, inclúe unha selección de bandas sonoras orixinais de filmes moi coñecidos e populares como: “O bo, o feo e o malo” (Ennio Morricone), “Bailando con lobos” (John Barry), “Indiana Jones” (John Williams), “Piratas do Caribe III” (Hans Zimmer), “Robin Hood, o príncipe dos ladróns” (Michael Kamen) ou “O Señor dos aneis” (Howard Shore), e terán como complemento audiovisual a proxección de imaxes de cada unha das películas. A entrada é libre e de balde, ata completar aforamento.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará