Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Grupo Casa Paco 81 recoñece a labor de Carlos Mouriño no seu apoio ao fútbol base

RR_Noticias

O presidente do R.C. Celta será este ano o homenaxeado na V Edición do Recoñecemento do Grupo Casa Paco 81, que destaca o seu labor “desinteresado” na promoción do deporte base e o seu impulso aos xogadores da canteira desde a súa chegada ao club vigués.

O presidente do Grupo Casa Paco, Manolo Conde, destaca que Mouriño cumpre co lema da súa agrupación “Deporte, convivencia e amizade”, sinal de identidade do Casa Paco. Entre os seus méritos está o ter colocado á canteira celeste “como unha das primeiras de España”, e Conde destaca o seu compromiso co fútbol base, asistindo aos adestramentos e partidos dos rapaces. O empresario recibirá unha placa conmemorativa deste recoñecemento en Balaídos, o 29 de agosto, no primeiro partido de liga que o Celta disputa en Vigo e no que terá como rival ao Raio Vallecano. Esta é a quinta edición duns premios que organiza a asociación redondelá, e que nas ocasións anteriores distinguiron a Ducho Orge, un dos fundadores do C.D. Choco; o párroco do Colegio Hogar D. Raimundo; Carlos Menéndez, presidente do Salgueiriños; e José Lorenzo “Pelete”, adestrador e promotor do fútbol base en Soutomaior.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará