Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Veciños e Concello esixen a creación da Comisión de Seguimento das obras de ampliación da AP-9

RR_Noticias

A asociación veciñal de Chapela pídelle ao goberno local “que se implique” na defensa dos afectados pola AP-9, cando moitos veciños que van ser expropiados aínda non recibiron información do Ministerio de Fomento nin Audasa. A alcaldesa accidental, Mari Carmen Amoedo, urxe que se constitúa a comisión para unha mellor relación entre veciños, Ministerio, concesionaria e Concello.

A Asociación de Veciños de Chapela advirte que o alcalde, Javier Bas, debe cumprir coa súa obriga de “velar polos intereses dos veciños”. O Concello afirma que está a facer “todas as xestións” con Fomento e Audasa, pero para a presidenta veciñal, Ángela Méndez, “non é suficiente”, xa que na parroquia non se están a ver os resultados desas xestións, logo de semanas de obras que están a supoñer un grave prexuízo para os residentes da zon. CEIP Igrexa Unha das maiores preocupacións dos veciños é o futuro do CEIP Igrexa, logo de que a empresa adxudicataria das obras pretendese comezar os traballos de desmonte do muro do centro este mes de agosto. As obra finalmente non se realizarán ata o verán de 2016, tal como se acordara nun primeiro momento. A alcaldesa en funcións, Mari Carmen Amoedo, explicou que Audasa pretendía modificar o calendario dos traballos, pero que o goberno local non o autorizou. A falta dun mes para o inicio do curso escolar entenden que “non é o momento”, xa que a prioridade é “a seguridade dos alumnos”. As obras que afectan ao CEIP Igrexa non comezarán, polo tanto, ata que remate o curso 2015-2016. Mentres Amoedo urxe a que os terreos comprometidos polo Ministerio de Fomento para dotar a Chapela dun novo centro escolar estean a disposición do Concello “canto antes”. Trátase dunha parcela coñecida como “finca da Ginaria” cunha superficie de máis de 30.000 metros cadrados. Segundo a alcaldesa a compra-venta está pendente da firma nunha notaría da Coruña. O BNG levará o problema ao Congreso Desde o BNG a deputada Olaia Fernández Davila, anunciou que trasladará a problemática das obras ao Congreso. A nacionalista cualifica de “interesada e vergoñenta” a falta de información á veciñanza. Tras unha visita a Chapela para coñecer de primeira man a problemática dos traballos de ampliación da AP-9, a nacionalista considera que debe ser o propio Ministerio de Fomento quen dea explicacións por escrito, “sobre a situación das obras, ademais do procedemento a seguir tanto nas expropiacións, como nas afeccións”. Lamenta que, iniciados xa os traballos, moitos veciños carecen de información sobre a situación das súas propiedades. Por outra banda a senadora del PsdeG-PSOE Ángeles Marra e a deputada del parlamento de Galicia Carmen Acuña visitarán este venres Chapela. Estarán acompañadas por membros da Plataforma de Afectados polas obras da AP-9, que lles explicarán os problemas que están a sufrir os veciños  

Mari Carmen Amoedo alcaldesa accidental
O Concello demanda a creación urxente da comisión de seguemento das obras da AP-9.
Ángela Méndez presidenta da AA.VV Chapela
O colectivo veciñal demanda unha maior implicación por parte do goberno local.
Vibracións e gretas nas casas
Méndez critica que malia non ter resolta a ampliación da ponte de Rande os traballos en Chapela xa están a ocasionar problemas aos veciños.
Paralizadas as obras no CEIP Igrexa
O Concello non autoriza os traballos no terreo do colexio ata o remate do próximo curso no verán de 2016.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará