Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Éxito de participación no Programa Municipal de Conciliación de Verán de Redondela

RR_Noticias

Máis de 200 rapaces participaron nas actividades organizadas pola Concellería de Muller e Igualdade, e que se celebraron en dez centros diferentes repartidos por oito parroquias do municipio. Ao longo do mes de xullo os cativos gozaron de actividades lúdicas e formativas dentro dun programa que ten por obxectivo facilitar a conciliación familiar e laboral.

Este ano se ofertaron 225 prazas, que foron cubertas na súa totalidade. Ao longo dos días, as nenas e nenos participantes estudaron e coñeceron o Camiño de Santiago a través de diferentes xogos e dinámicas, ademais de traballar os valores de igualdade, respecto, tolerancia, integración, respecto aos animais, respecto ao medio ambiente, entre outros. As actividades desenvolvidas incluíron repaso escolar, manualidades, xogos de movemento, relaxación, contacontos, cociña ou xogos de auga, rematando en todos os centros cun festival no que as nenas e nenos mostraron as súas facetas artísticas diante das familias. A concelleira, Teresa París, salienta que as familias mostraron, a través do cumprimento dunha enquisa, un alto nivel de satisfacción co desenvolvemento do Programa e das actividades realizadas no mesmo, así como cos monitores encargados das actividades.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará