Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un millón de euros melloran a estrada Os Valos-Guizán ao seu paso por Vilar

RR_Noticias

O presidente en funcións da Deputación Rafael Louzán visitaba na tarde de onte as obras de mellora e ensanche realizadas na estrada provincial EP-2906, os Valos-Guizán na parroquia de Vilar. Unha actuación na coñecida como estrada do Galleiro cun investimento de 1.035.654 euros, que consistiu na ampliación do vial e da rede de servizos na zona. Con estas obras mellorouse a seguridade vial nun lugar cun gran número de viviendas na zona e unha alta densidade de tráfico onde os peóns tiñan que camiñar polo arcén e por zonas demasiado estreitas, xa que a estrada carecía de beirarrúas e presentaba un firme bastante deteriorado.

Os traballos de mellora realizáronse en algo máis dun quilómetro e medio da estrada e incluiron  o ensanche da calzada e a construcción de beirarrúas a ambas marxes do vial. A obra tamén incluiu a pavimentación da calzada e a renovación da sinalización que inclúe novos pasos de cebra.
Tamén se completou a rede de servizos existentes nas zona, incluíndo redes que non existían e mellorando as que había (recollida de augas,  canalización do saneamento e abastecemento e suministros eléctricos)
Construiuse unha completa rede de recollida de pluviais, con colectores de PVC, pozos de rexistro e sumidoiros, e unha tubaxe de abastecemento de auga en ambas marxes da vía.
A obra completouse con diversos traballos de mellora nas redes de alumeado (soterrouse a liña e colocáronse puntos de luz), de enerxía e telecomuncacións.
Cun orzamento de 1.035.654 euros, a obra foi financiada entre a Deputación e o concello da Redondela segundo se acordaron no convenio de colaboración asinado entre ambas entidades en 2014 e polo cal, o organismo provincial aportou 835.654 euros e o concello os 200.000 euros restantes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará