Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiros de arqueoloxía en Cesantes

RR_Noticias

A Concellería de Medio Ambiente organiza a celebración de dous obradoiros de arqueoloxía na praia de Cesantes. O 31 de xullo e 7 de agosto son as datas escollidas e cada obradoiro terá unha duración aproximada de 2 horas. Todo o material da escavación será proporcionado pola empresa organizadora. Están destinados a rapaces de entre 6 e 12 anos, e as prazas son limitadas. Os obradoiros realizaranse a partir das 11:00 horas da mañá e será necesaria a inscrición previa no teléfono 986 126 165, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Todas as persoas interesadas tamén poderán remitir as súas dúbidas e suxestións ao enderezo electrónico: contacto@estela.info.

Estes obradoiros, deseñados e realizados por Estela Arqueoloxía e Patrimonio, amosaranlles aos rapaces, dunha maneira lúdica, o proceso científico de escavación arqueolóxica cun tema vencellado ao Concello de Redondela como é o da Batalla de Rande. Con estas tarefas procurarase que os participantes coñezan e valoren a súa historia, entendéndoa coma un patrimonio a protexer, gozar e do que aprender.
Os rapaces realizarán esta escavación arqueolóxica tendo en conta todo o proceso científico dunha intervención destas características, fomentando o traballo en equipo, mellorando a súa relación co medio e coa historia, así como potenciando as súas capacidades cognitivas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará