Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fervor relixioso e festivo nas celebracións do Carme en Cesantes

RR_Noticias

A parroquia de Cesantes celebra esta fin de semana as súas festas parroquiais con actividades para todos os públicos e a tradicional porcesión marítima que espera congregar a máis de 500 persoas nos 15 barcos que está previsto participen. Unha romaría marítima que sairá ao redor das 16:30 horas do sábado dende o peirao de Cesantes  e que levará aos participantes ata o centro da ría, lugar no que se fará a ofrenda polo mariñeiros falecidos.

Unhas actividades que arrancarán oficialmente na tarde noite do venres co espectáculo humorístico do transformista Cristian de Samil quen actuará co Ballet Diamond na praia da Punta a partir das 23:00 horas. A continuación haberá verbena coa orquestra Ismael. A programación continuará o sábado 18, unha xornada que comezará ás 09.00 horas con pasarrúas a cargo da Banda de Música de Tenorio. A continuación celebraranse os tradicionais actos relixiosos co traslado da imaxe da Virxe até o peirao, percorrido que levará a cabo con acompañamento musical. Unha vez no lugar os presentes poderán gozar no peirao coa sesión vermú amenizada polo grupo 3.Com, e dende a Comisión de Festas convidarán aos veciños a unha degustación de mexillóns. Xa pola tarde terá lugar a procesión marítima na que poden participar os que o desexen presentándose ás 16:00 horas no Peirao, onde se procederá ao embarque. Pola noite, ás 22.30 horas, dará inicio unha gran verbena amenizada pola orquestra Capitol e polo grupo Alcazar. Á 01.00 da madrugada terá lugar un gran espectáculo de fogos artificiais, unha proposta que recuperan dende a Comisión logo de varios anos. Xa o domingo ás 11.00 horas arrancarán os pasarrúas co grupo folclórico Airiños de San Simón, que dará paso á celebración da misa solemne, con posterior ofrenda á Virxe a cargo do citado grupo folclórico. A partir das 18.30 horas, os máis pequenos poderán gozar co Festival Infantil, con cucañas, xogos e festa da espuma e o Pallaso Popín ofrecerá un espectáculo para todas as idades. Chegada a noite, a partir das 22.30 horas, terá lugar unha gran verbena fin de festa co grupo 3.Com e a orquestra Olympus.  

MIguel Angel Pérez Comisión de festas
Explica o percorrido da procesión marítima
Embarque a partir das catro da tarde
O sábado no Peirao
José Ramón Bouzón comisión festas
Actividades variadas
Gran tirada de fogos de artificio
Na madrugada do domingo
Festival infantil e Popín
Un programa intenso tamén na xornada do domingo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará