Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concentración diante do concello contra o crime de violencia de xénero en Arbo

RR_Noticias

O Concello de Redondela mostra a súa repulsa polo caso de violencia de xénero acontecido en Arbo (Pontevedra), e condena toda clase de actos violentos contra as mulleres. Co obxecto de amosar esa repulsa e tal e como está recollido por acordó plenario colocouse un lazo violeta no balcón do Concello, na árbore Gingko Biloba e na páxina web do Concello. Ademais, hoxe mércores terá lugar unha concentración diante do edificio do Concello ás 12.00 horas, e gardarase un minuto de silencio no próximo pleno.

Esta é a segunda morte por violencia de xénero rexistrada este ano en Galicia, un problema dunha índole que transcende xa do ámbito particular e estase a converter nunha auténtica crise social, na que todos os poderes públicos han de implicarse, ben para tratar de previr estes terribles sucesos, como para protexer e axudar a quen sofre violencia por ser muller.
Nesta liña, o Concello de Redondela traballa e seguirá traballando para o fomento da igualdade e o recoñecemento dos dereitos das mulleres en calquera ámbito da súa vida, a través dos diferentes recursos de titularidade municipal como o Centro de Información ás Mulleres (CIM) ou a Mesa de Coordinación para a mellora da atención a vítimas de violencia de xénero. Ademais, o goberno municipal fai un chamamento ás mulleres que están sufrindo violencia e á sociedade para que se denuncien estas situacións e acudan á Policía, aos Xulgados ou ao Centro de Información ás Mulleres para activar os recursos existentes na loita contra esta lacra.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará