Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A “Biblioverán” promove a lectura no peirao de Arcade

RR_Noticias

A biblioteca de Soutomaior saca os libros, revistas e xornais á rúa para facilitar que calquera persoas poida ler e acceder ao préstamo temporal desde os lugares de ocio. Este servizo estará en activo ata o vindeiro 10 de setembro na oficina de información turística da praia do Peirao de Arcade en horario de 10 h a 14 h e de 16:30h a 20:30h de luns a domingo. Os diarios terán que ser devoltos no prazo de 60 minutos para un mellor uso e permitir así un maior número de consultas.

Haberá libros para nenos e adultos, contos, suplementos, revistas e diarios. Os interesados poden acceder ao préstamo de libros a través da presentación do carné que fai o punto de lectura “BiblioVerán”, o carné da Biblioteca Municipal e os de identificación: DNI, pasaporte ou carné de conducir. Unha biblioteca que ten en marcha tamén o prazo de inscrición para poder acceder aos cursos de idiomas que se imparten a partir de setembro. Cursos orientados a nenos de idades comprendidas entre os 5 e 15 anos e que malia seren ofertados esta mesma semana, están practicamente cubertos. Un espazo de lectura que ven ademais de ampliar os seus fondos co investimentos de máis de 2.000 euros en novas adquisicións. Un amplo abano cultural que permite a esta biblioteca contar con oferta audiovisual, coa recente adquisición de serie como Breaking Bad, The walking Dead ou Los Soprano. Tamén unha serie dedicada aos máis novos e os amantes do manga e os cómics. Para completar a oferta para o público infantil adquiríronse todos os libros disco editados actualmente en galego: títulos como María Fumaça, Magín Blanco, Pablo Díaz (TOC TOC), A gramola gominota, etc Por último, a biblioteca municipal incluíu entre as novas adquisicións unha serie de títulos de narrativa tanto para público xuvenil como adultos que inclúe obras de autores como María Dueñas, John Grenn e moitos outros.  

Graciela Arias biblioteca Soutomaior
Fálanos de biblioverán
Cursos de idiomas
Nenos de idades entre 5 e 15 anos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará