Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Raquel Quintáns deixa Redondela Pode e pasa a ser concelleira non adscrita

RR_Noticias

A concelleira anuncia que “unha ampla maioría dos compoñentes de Redondela Pode decidiron abandonar ó devandito partido, para formar un grupo de traballo co fin de apoiar a Raquel Quintáns Costoya que pasará a ser concelleira non adscrita. Dende o grupo de traballo proximamente realizarase un comunicado explicando por qué tomamos esta decisión”.

Raquel Quintáns, que conta tan só con 19 anos, é a concelleira máis nova da corporación municipal en Redondela e a única co que contaba o partido Redondela Pode que logo da súa decisión de darse de baixa queda sen representación.  A edil anuncia que continuará na corporación como edil non adscrita e remite a un comunicado posterior os motivos que a levan- tanto a ela como a outros membros da formación- a abandonar o partido polo que se presentaron o pasado 24M.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará