O encontro desenvolverase durante tres días nos que se ofrecerán un total de 14 concertos e 2 sesións especiais de Djs. Citas musicais que se completarán con actividades paralelas para todos os públicos. A organización sigue a fórmula empregada nas anteriores edicións mantendo en segredo o cartel. O único que garanten é que cada día será diferente e que os concertos desenvolveranse nun ambiente exclusivo xa que soamente 800 persoas poderán gozar de cada xornada. O público accederá a Illa nos barcos fletados pola organización con dúas saída diarias dende o Museo Meirande.
O Sinsal Estrella Galicia caracterízase por programar artistas que inician a súa carreira musical ou manifestan unha gran conexión coa creación contemporánea. Algúns dos nomes dos artistas que xa pasaron por este espazo aterran pouco despois en grandes festivais e salas de concertos de todo o mundo. Un evento musical e cultural que presenta varias características que o fan particular como o feito de estar dirixido a público familiar xa que, segundo explicaban dende a organización Julio Gómez, “todas as actividades se realizan en horario diurno e hai tamén actividades paralelas para as familias”. Unhas peculiaridades que fan que boa parte das estradas estean xa esgotadas cando a presentación oficial tivo lugar hai escasos minutos no Museo Meirande coa presenza de representantes políticos, da Universidade, os pratrocinadores Estrella Galicia New balance e da propia organización. O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, salientou nesta presentación que “a singularidade do festival fixo posible que en tan só 5 anos estea consolidade” un evento que “vai moito máis alá de congregar a unha serie de artistas de calidade e que ademais o fai nun espazo tan emblemático como é a Illa de San Simón”. Pola súa banda a deputada provincial Marta Iglesias fixo fincapé na efecto chamada do festival “que se converte nun acicate para o sector turístico como o demostra que moitas das entradas estean xa vendidas e sexa público maioritariamente de fora o que se achegue”. As entradas para asistir ao Festival Sinsal Son Estrella Galicia inclúen tamén o traslado en barco á Illa de San Simón con diferentes horarios e combinacións de ida e volta. Poden adquirirse en liña a través da web https://www.ticketea.com/entradas-festival-sinsal-san-simon-2015/