Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reclaman un espazo para xestionar a acollida e adopción de cans e gatos abandonados

RR_Noticias

A Asociación “Refugio Noé Redondela” creouse a finais de 2014 co obxectivo de recoller aos animais abandonados, darlles atención veterinaria, coidados básicos e buscarlles familias adoptivas. Para garantir o seu futuro necesitan dun espazo no que poder deixar o material que lles doan e un punto de encontro con posibles familias de adopción. Unha petición que xa lle trasladaron tanto de palabra como por escrito ao goberno local pero meses despois seguen sen recibir resposta.

Os membros desta asociación levan xa anos traballando na esterilización e atención veterinaria dos gatos das colonias que existen en Redondela e asesorando aos propietarios de mascotas. para poder seguir con esta labor precisan dun espazo no que recoller o materila que lles doan e que serva tamén de punto de información e encontro con posibles familias adoptantes. A súa proposta pasa por ocupar una das antigas casas dos mestres do colexio de Redondela, uns inmobles que se atopan en estado de casi abandono que poderían recuperar e servirían como un punto de recollida dos materiais doados para os animais, un punto de información e lugar para ensinar os animais aos seus futuros donos “adoptivos”. Carmen Corujeira, responsable da asociación, critica a falta de interese neste asusnto por parte dos gobernantes que nen tan sequera poñen en marcha campañas de esterilización como si se fai noutros concellos. Anima aos veciñso a colaborar converténdose en familias de acollida e por suposto insiste na idea que repiten as protectoras: adoptar e esterilizar contra o abandono. As persoas que queiran colaborar coa asociación poden poñerse en contacto con eles nos teléfonos 662924516 e 605448255, a través do correo electrónico refugionoeredondela@gmail.com ou seguíndoos na páxina de Facebook “Refugio Noé Redondela”.  

Carmen Corujeira Refuxio Noé
Demandan un sitio no que xestionar as axudas e colaboracións
Adoptar e esterilizar
Son as dúas medidas principais para evitar os abandonos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará