Hoxe é Domingo 3 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca o Mundialito da Xunqueira con 21 equipos

RR_Noticias

A pista da Xunqueira acolle dende o 29 de xuño e ata o vindeiro 1 de agosto a tradicional competición organizada polo Redondela Fútbol Sala. XLI edición na que hai inscritos un total de 21 equipos que loitarán por facerse cos premios que se levarán os tres primeiros clasificados. Haberá tamén os clásicos recoñecementos a deportividade, mellor xogados, equipo menos goleado e máximo goleador.

A primeira fase do Mundialito desenvolverase ata o 10 de xullo con partidos de luns a sábado en horario de tarde. Todos os días disputaranse catro encontros cun intervalo de media hora. O primeiro ás 20:30 e o último ás 22:00 horas. Entre os participantes desta edición atopamos xa nomes clásicos como Celtic Luada, Degal San Marcos,  Rodavigo, Royal Picasso ou Recambios Ochoa. Tamén repite na competición o que fora o gañador do ano pasado, o equipo Amigos del balón.
Unha intensa competición que arrancaba onte e que se desenvolverá durante todo o mes de xullo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará