Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reguera: “Coa súa postura AER está avalando a política antisocial e neoliberal do PP”

RR_Noticias

O partido socialista acolleu con sorpresa a decisión da Agrupación de Electores, feita pública onte a través dun comunicado, de apoiarse a si mesmos na sesión de investidura que se celebra o vindeiro sábado ás 11:00h no Multiusos da Xunqueira. Unha decisión que volverá sentar na alcaldía ao popular Javier Bas. O cabeza de lista do PSOE asegura non entender a decisión de AER logo de celebrar dúas xuntanzas “nas que houbo boa sintonía e entendemento, tendo en conta ademais que a porcentaxe de acordo nos nosos programas é dun 75%”. Reguera lamenta que se perda “unha nova oportunidade de poñer en marcha en Redondela un goberno de esquerdas”.

O candidato socialista Eduardo Reguera lamenta a decisión de AER de non apoiar un goberno alternativo en Redondela que desbanque da alcaldía ao PP. Dende o PSOE amosaban onte a súa sorpresa logo de coñecer a decisión da Agrupación de Electores que permitirá aos populares seguir no goberno. “Pensamos que nos ían dar a oportunidade de gobernar tendo en conta que as reunións entre as dúas formacións desenvolvéronse de xeito amable e distendido e tendo en conta que o tanto por cento de coincidencia programática pódese cuantificar nun 75%”. Lamentan tamén dende o PSOE que non exista a posibilidade de poñer en marcha “un goberno de esquerdas que evite que o PP continúe aplicando en Redondela, como fai en todos os concellos nos que goberna, as súas políticas neoliberais”. Insistiu Reguera na idea de que dende a cidadanía “envióusenos unha mensaxe clara, a de que tiñamos que poñernos de acordo, que tiñamos que entendernos para gobernar a través das políticas de pactos. Nós como partido máis votado da oposición intentamos liderar ese goberno pero a postura de AER, tal e como xa fixera hai catro anos, dálle o goberno ao partido dos recortes”.  

Eduardo Reguera PSOE
Lamenta que non se favoreza un goberno alternativo ao PP
Sorpresa pola decisión de AER
Confiaban en que si houbese un acordo de investidura
Goberno de esquerdas
O obxectivo sería mudar as políticas neoliberais
Políticas de pactos
As urnas non deron maiorías ante o cal era necesario negociar pactos puntuais ou de goberno

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará