Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ricardo Figueroa: “Acusarnos de ser cómplices do PP é unha rabecha de Reguera”

RR_Noticias

Explica o cabeza de lista da Agrupación de Electores que se o obxectivo do PSOE é desbancar ao PP da alcaldía sempre lle queda a posibilidade de votar a AER no pleno de investidura do próximo sábado, unha proposta que incluso chegaron a poñer sobre a mesa nas dúas reunións mantidas cos socialistas “pero que eles rexeitaron”.  Hoxe convocan aos veciños a unha reunión aberta na Casa da Cultura ás 20:00 horas na que explicarán os motivos que os levan a votarse a si mesmos na sesión de investidura malia que iso supoña que volva gobernar o PP.

Conscientes de que calquera decisión que adoptaran ía ser polémica, os membros da Agrupación de Electores e concretamente o seu cabeza de lista, Ricardo Figueroa, amósase satisfeito por como está a recibir a cidadanía a súa postura de cara ao pleno de investidura do sábado: votarse a si mesmos malia que iso supoña que vaia gobernar o PP en Redondela. Insisten en que a súa postura foi asemblearia e con poucas voces discordantes nese aspecto “tan só dous membros da agrupación amosaron a súa postura a favor de apoiar un goberno liderado polo PSOE”. Os motivos para esa negativa segundo explican é que “durante os catro de mandato todos os partidos incluído o socialista votaron en contra de moitas das nosas propostas e non nos fiamos do que nos poidan dicir agora”. Figueroa confirma que as reunións desenvolvéronse nun  ambiente cordial “pero non nos creemos as promesas que nos poidan facer nin PP nin PSOE cando levan anos votando na nosa contra”. Sobre as criticas dos socialistas que os acusan de estar avalando coa súa postura a política antisocial e neoliberal do PP, Ricardo Figueroa réstalle importancia porque entende “responde a unha rabecha de Reguera”. En canto á posibilidade de que exista un goberno alternativo en Redondela, os membros de AER aseguran estar dispostos a gobernar o concello con tan só 4 edís, de feito chegaron a propoñerlle ao PSOE que os votaran na sesión de investidura que se vai celebrar o sábado ás 11:00 horas no Multiusos. Unha opción que os socialistas non contemplan polo que será o popular Javier Bas o que se faga con ese bastón de mando.  

Ricardo Figueroa AER
Explica os motivos que os levan a apoiarse a si mesmos no pleno de investidura
Decisión asemblearia
A práctica totalidade dos membros de AER comparten a postura final
Críticas do PSOE
Resta importancia ás críticas dos socialistas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará